imaxe da nova
Nova Galega

Convocatoria de propostas didácticas para Compostela

imaxe do usuario Xestor Xestor
10 abril 2019

O Auditorio de Galicia, organismo autónomo do Concello de Santiago de Compostela, pon en marcha un programa didáctico para o curso escolar 2019-2020.
O principal obxectivo deste programa é ofertar un amplo abano de propostas artísticas que poidan servir para achegar as artes ás comunidades escolares como parte da súa educación do gusto, entendendo as actividades culturais como un motor de benestar persoal e colectivo. Ademais, o programa pretende servir de pretexto e acompañamento de actividades inseridas dentro do currículo académico.
Preténdese así artellar un programa didáctico municipal para público escolar de educación infantil e primaria, ESO e Bacharelato nas disciplinas de música, teatro, monicreques, danza, circo e música.

 

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información