imaxe da nova
Asociación

Festivais de Música: Chamamento de boas prácticas

imaxe do usuario Xestor Xestor
30 maio 2019

Comeza a tempada de festivais, e Músicas ao Vivo quere facer un chamamento de boas prácticas a quen fai posible estes encontros musicais do verán:

-Aos promotores e programadores, para recordarlles a obrigación legal pola que todos/as  os/as artistas teñen que ir contratados/as e dados de alta. Asemade, animarlles a unha aposta clara e enérxica  pola igualdade e diversidade de xénero nos carteis, a que aposten por contratar música feita en Galicia e que ademais teñan protocolos para reducir ao mínimo o impacto medioambiental dos eventos musicais. Con respecto á contratación de proxectos galegos, queremos reivindicar que exista unha cota mínima de programación de artistas de Galicia nos festivais, como xa sucede naqueles festivais teatrais galegos subvencionados pola AGADIC (30% mínimo de programación de proxectos galegos).

-Aos músicos e músicas, para non ceder ante prácticas laborais ilegais ou abusivas que vaian en contra dos vosos dereitos (intelectuais, laborais etc). Calquera denuncia que queirades facer, contactade con nós. Igualmente, desde MAV apoiamos unhas condicións dignas e legais non só para os/as artistas; tamén para todo o resto de traballadores e traballadoras que nos van ofrecer a nós e ao público múltiples servizos e coidados nos festivais (técnicos, montaxe, hostelaría, limpeza etc.).

-Ao público usuario dos festivais, para que escollan os seus festivais de referencia entre aqueles que aposten por estas boas prácticas laborais, tanto para artistas como personal laboral, así como  aqueles eventos musicais que aposten pola non hexemonía masculina nos carteis así como pola presenza de música feita en Galicia e polo compromiso para minimizar a pegada medioambiental

Por unha música galega legal, de calidade, feminista e xusta, este véran nos festivais, apúntate a quen te (con)trate ben!

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro