imaxe da nova
Asociación

Reunión aberta para os músicos/as de Vigo, o 24 de outubro

imaxe do usuario Xestor Xestor
7 outubro 2019

O vindeiro xoves 24 de outubro de 2019, convocamos aos músicos e músicas de Vigo e arredores a unha REUNIÓN ABERTA para tratar a SITUACIÓN DA CULTURA MUSICAL DE BASE EN VIGO e e todo o que iso implica: a falta de protagonismo da escena local nas programacións locais, a loita entre Xunta e Concello e o aproveitamento dos músicos e músicas da cidade no seu beneficio propio, o peche de locais para a mocidade...

Facemos un chamamento a todas as músicas e músicos da cidade para asistir e participar neste encontro, sexan ou non socias/os de MAV, pois cremos de vital importancia que o colectivo de músicos e músicas da cidade poñan enriba da mesa as problemáticas que lles afectan e as posibles vías de solución para as mesmas. A unión é a única vía de loita.

A reunión terá lugar no Espazo Cubo (Rúa do Doutor Cadaval, 17 - Vigo).

Esperámosvos a todos e todas.

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información