imaxe da nova
Asociación

Recoñecementos a Juan Durán e Guadi Galego

imaxe do usuario Xestor Xestor
25 novembro 2019

Juan Durán, académico numerario da Sección de Música da Real Academia Galega de Belas Artes

Juan Durán ingresou como académico numerario da Sección de Música da Real Academia Galega de Belas Artes.

A Real Academia Galega de Belas Artes co ánimo dunha maior representatividade en todos os ámbitos en relación coa creatividade, a investigación ou a divulgación do Patrimonio Cultural de Galicia, acordou o nomeamento do compositor e profesor de música.

O seu discurso de ingreso versou sobre "A canción: a esencia pura da arte musical".

Juan Durán ten escrito máis dun centenar de obras: música de cámara, vocal, sinfónica e escénica, ademais de arranxos e orquestracións de música galega. Foi Premio da Cultura Galega en 2013. A súa producción compositiva está depositada no Arquivo de Galicia e foi editada en Viso, Real Musical, Dos acordes, Dinsic, Editorial Rivera, etc. Entre 1987 e 1997 foi profesor do Conservatorio Superior de Música da Coruña e dende 2006 pertence ao corpo de Inspectores de Educación, na especialidade de ensinanzas artísticas. Foi membro fundador da Asociación Galega de Compositores en 1987, da que chegou a ser Presidente, e dende 2010 é membro da sección de Música e Artes Escénicas do Consello da Cultura Galega.

Foi laureado nos seguientes concursos: Premio de Composición da Universidade Carlos III de Madrid coa súa obra Álbum para Orquesta (2000); Primeiro Premio de Composición da Federación Galega de Bandas co seu poema sinfónico O soño de Breogán (2008); Premio de Composición do Festival Internacional de Música Española de León, coa súa obra sinfónica 4 elementos (2011); Finalista do IV Premio Internacional de Música Sacra co seu motete para coro e orquestra Noso Pai (2011) e Primeiro Premio de Composición no XVI Concurso de Composición de Música de Cámara Salvador Seguí en Montserrat, Valencia, coa súa obra Quinteto de Viento (2014).

 

Guadi Galego, premio á promoción da Realidade Plurilingüe no estado español

A Comisión de Seguimento do Protocolo de colaboración en política lingüística celebrouse a pasada semana en Bilbao, enmarcada no interés do impulso ás linguas cooficiais sobre a base do 'acordo e a convivencia lingüística'.

Os representantes dos gobernos de Euskadi, Nafarroa, Galicia, Cataluña, Illas Baleares e Comunitat Valenciana decidiron conceder o premio á Promoción da Realidade Plurilingüe do Estado á galega Guadi Galego polo seu traballo 'Inmersión', no que recolle pezas cantadas en sete linguas da Península Ibérica (galego, éuscaro, catalán, aranés, asturiano, portugués e castelán).

 

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información