imaxe da nova
Nova Galega

Aberto o prazo de inscrición de espectáculos no Pontegal e Musigal 2020

imaxe do usuario Xestor Xestor
29 novembro 2019

A Deputación de Pontevedra co obxecto de contribuír á difusión e á promoción da música galega e de fomentar ao tempo o uso e a normalización social da lingua galega e a defensa dos valores da igualdade de xénerono nas múltiples e variadas expresións artísticas, abre o prazo de presentación de proxectos para o "Musigal 2020" e o “Pontegal 2020”, con algunhas novidades con respecto ao ano pasado.

O prazo de inclusión de proxectos en ambas redes xa está aberto. Remata o 20 de decembro para os proxectos do "Musigal" e estará aberto todo o ano para o "Pontegal".

O programa "Musigal" diríxese especificamente aos grupos e artistas profesionais de música. Un dos seus obxectivos é a dinamización da lingua galega, xa que busca favorecer a vivencia positiva no noso idioma e contribuír á posta en valor da lingua galega e ao incremento do seu uso e prestixio, á socialización en galego da infancia e da mocidade e á toma de consciencia sociolingüística da poboación da provincia de Pontevedra. O programa “Musigal” 2020 desenvólvese con cargo á aplicación orzamentaria 20/330.3340.226.30 por un importe total de 600.000 €.

Créase o Catálogo de grupos Pontegal da provincia de Pontevedra, que se configura como o inventario de grupos, artistas e compañías, nas súas múltiples e variadas expresións artísticas, co fin de favorecer e impulsar a actividade artística e a riqueza da cultura popular existente na provincia de Pontevedra. Este catálogo pretende ser un instrumento vivo, útil e eficaz para o coñecemento dos diferentes grupos de música, teatro, danza e outras modalidades artísticas que existen na provincia. Nel recollerase información detallada sobre cada un dos grupos ou artistas.

Entre as novidades deste ano, agora a rede Musigal é incompatible coa inclusión na mesma proposta no catálogo do Pontegal.

 As bases pódense consultar nos seguintes enlaces: Pontegal / Musigal.

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro