Parabéns á Banda de Música Ferrolá, pola sentenza favorable que obrigará ao Concello de Ferrol a regularizar a súa situación laboral, contratándoos como traballadores indefenidos non fixos.
Resólvese así unha situación de flagrante precarización laboral na formación musical municipal de Ferrol. Formada por 33 músicos e músicas, viñan sufrindo esta insxutiza desde o seu nacemento no 2001, traballando a todos os efectos como banda municipal (con ensaios, concertos e actuacións sometidas a obligacións de asistencia e horario, como recoñece a propia sentncia), pero coa única condición laboral de becarios, recibindo polo seu traballo unha exigua remuneracion mensual de entre 191€ e 254€, ademais de acumular varios impagos nos últimos meses.
Saudamos tamén a boa vontade que o propio Concello semella está tendo para resolver axiña esta situación de impago, e desde MAV recordamos a todos os Concellos a importancia e legalidade vixente que supón recoñecer aos músicos e músicas como traballadores e traballadoras con dereitos laborais plenos, tanto sexa en relacións laborais de dependencia (caso das bandas municipais) como aqueles que actúan para os concellos en todas e cada unha das contratacións ao longo do ano (festas, festivais, ciclos, teatros e auditorios municipais, etc).
Desde MAV seguiremos defendendo e axudando a que o sector regularice dunha vez e para sempre as boas prácticas laborais, marcadas pola lei e polo respecto e consideración á cultura do país e ao traballo dos seus artistas.
Enlaces a novas: