A Consellería de Cultura e Turismo, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e a Axencia Turismo de Galicia, pon en marcha unha nova edición do programa Cultura no Camiño, destinada aos concellos polos que discorren os diferentes Camiños de Santiago e que se desenvolverá entre maio e setembro de 2020.
Para a configuración do catálogo de espectáculos e concertos deste programa, a Agadic abre un prazo do 19 de febreiro ao 2 de marzo para que todas as compañías e grupos interesados poidan inscribir os seus espectáculos/concertos a través da páxina web: www.galescena.gal.
Poderán inscribirse en este programa espectáculos de teatro, danza, narración oral, novo circo, maxia e concertos de música de calquera modalidade, producidos e distribuídos por empresas dedicadas profesionalmente ás artes escénicas ou musicais con sede na Comunidade Autónoma de Galicia.
Quedan excluídas desta convocatoria as asociacións culturais e restantes entidades sen fins de lucro.
A convocatoria para os concellos intersados en adherirse a Cultura no Camiño 2020 será publicada proximamente no Diario Oficial de Galicia.
Para os músicos e músicas que o precisen, dende a cooperativa Músicos ao Vivo S. Coop. Galega podemos xestionar as actuacións e altas dos músicos e músicas da cooperativa. Podedes chamarnos para informarvos.
-Instrucións para os grupos que NON estean dados de alta en galescena.gal
1º Solicitar a alta como grupo musical.
2º Encher todos os datos relativos ao grupo e premer no botón enviar.
3º Agardar pola notificación que chegará ao correo electrónico de contacto, a través da que se confirmará a validación do grupo.
4º Entrar de novo en galescena.gal e crear as fichas dos concertos a ofertar.
5º Unha vez creadas as fichas, volver a INICIO e asocialas á rede Cultura no Camiño 2020.
-Instrucións para grupos dados de alta en galescena.gal:
1º Entrar na web co usuario e contrasinal habituais.
2º Na zona privada, acceder á pestana de concertos para ver as fichas creadas con anterioridade.
3º Revisar a información de cada un dos concertos, modificando o que se estime oportuno, ou crear novas fichas.
4º Unha vez modificado ou creado o concerto, voltar á pestana INICIO e asociar as fichas á rede Cultura no Camiño 2020 (paso imprescindible para figurar entre os concertos ofertados).
5º Rematado todo o proceso, as popostas de concertos pasan a ser ofertados ao circuíto.