Un ano máis volven os PREMIOS MARTÍN CÓDAX DA MÚSICA, desta volta na súa VII edición.
O xoves 27 de febreiro, ás 20:00 horas, na Sala Sónar de Santiago de Compostela (Rúa de Mazarelos 4-5) farase a festa de presentación, na que contaremos coa música ao vivo de Brais Morán, premiado na V edición na categoría de Músicas do Mundo, que ofrecerá un concerto acompañado da súa banda. Tamén desvelaremos as novidades do certame para esta sétima edición, proxectaremos o vídeo promocional, e desfrutaremos dun viño cortesía das Bodegas Martín Códax.
O prazo para a inscrición de proxectos aos Premios estará aberto do 1 ao 15 de marzo de 2020.
Os Premios son unha ferramenta moi potente para lograr o obxectivo de visibilización da música galega.
Como di o lema dos Premios, "Se fas música en Galicia, estes son os teus premios".
Máis información: