imaxe da nova
Asociación

Entrevista 8M - Día da Muller

imaxe do usuario Xestor Xestor
7 marzo 2020

Entrevista a Marga Ramos e Nastasia Zürcher, da directiva de Músicas ao Vivo co gallo do Día Internacional da Muller (8 de marzo).


Pensades que hai cada vez máis mulleres que chegan a ser músicas profesionais?

Si, pensamos que somos cada vez máis no ámbito profesional musical en xeral, tanto como músicas como ocupando diferentes postos de traballo en relación a esta profesión. Queda todavía camiño por facer nese sentido, pero somos optimistas e vemos que ao noso arredor somos cada día máis.

De quen pensas que é a responsabilidade de cambiar a situación? Institucións, programadores/as, artistas, público…?

De todas e todos, é unha cuestión educacional, temos que acudir a raíz e apostar pola formación dende a infancia. Históricamente a muller viuse limitada a desenvolver certas profesións, pero isto é pasado, agora toca seguir naturalizando a igualdade de oportunidades en tódolos ámbitos. A día de hoxe, o papel das institucións é fundamental para este proceso, e no ámbito da música é decisivo o traballo que fagan programadores/as e medios de comunicación neste sentido. Ao final, o público recibe maioritariamente o que lle chega por estas canles.

Algún consello para os/as programadores/as cuxos festivais teñen porcentaxes ínfimas de mulleres?

Que pescuden máis porque hai moitos proxectos interesantes, de gran calidade e estilos variados feitos ou compostos por mulleres que poderían estar perfectamente neses carteis. Canto máis variadas sexan as propostas artísticas dos seus eventos, máis diversa será a xente que acuda a eles, nutrindo e repercutindo tamén na calidade de escoita do público.

Dende Músicas Ao Vivo traballamos enérxicamente na visibilidade de tódolos proxectos en activo que teñan base ou relación con Galicia, sendo os nosos premios unha plataforma directa para a súa expansión e valorización, polo tanto animamos a toda a comunidade musical, programadores/as, medios, institucións, artistas e público a seguir descubrindo e apostando polo que se fai na nosa terra. Tamén hai outras iniciativas que difunden e apoian activamente o traballo que vimos desenvolvendo as mulleres no eido da música, como son Mulleres Galegas Kañeras, Músicas Galegas Ilustradas e MIM entre outras.

Como mulleres, percibides que estamos cada vez máis perto dunha situación de igualdade no sector da música en Galicia?

Si pero non… (risas). É certo que imos facendo camiño e que comeza a sentirse un entorno máis saudábel nese sentido, pero aínda temos moitos logros que acadar para chegar a unha situación de igualdade real. Sigamos unindo forzas en clave colectiva e nunha mesma dirección, onde todas e todos gañamos.

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información