imaxe da nova
Asociación

#ApagónCultural o 10 e 11 de abril

imaxe do usuario Xestor Xestor
9 abril 2020


Desde MAV apoiamos esta iniciativa que xurde trala comparecencia que o Ministro de Cultura fixo este martes, na que expoñía que "esta non é unha crise da cultura", sen presentar ningún tipo de medida para combater a situación de máxima urxencia do noso sector durante a crise do COVID19 e obviando as nosas reclamacións.

É preciso dar unha resposta colectiva e convocar unha "folga de cultura" organizando na maior brevidade posible un apagón cultural coordinado en Internet.

Tres semanas de corentena demostraron que a cultura ten un papel esencial no día a día das persoas, pero tamén supuxo a peor crise do sector en anos, un sector que hoxe se enfronta a meses de incertidume, desamparo e precariedade.

Por iso, apoiamos este chamamento á colaboración de todo o sector para que durante estes dous días, 10 e 11 de abril, a cultura entre no apagón dixital total, para poñela en valor e reivindicar a necesidade de o goberno recoñeza as medidas urxentes que se lle propuxeron para combater esta crise.

#ApagónCultural

 

ACTUALIZACIÓN 12 ABRIL

Dende Musicas aoVivo queremos agradecer aos milleiros de persoas e colectivos que vos sumastes ao #ApagónCultural contribuíndo así á reacción do Ministerio de Cultura.

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información