O xurado profesional designado por Músicas ao Vivo para facer a primeira selección de entre as 581 propostas recibidas nesta sétima edición, vén de facer públicos os 60 proxectos musicais finalistas seguindo o proceso establecido dentro das normas dos VII Premios Martín Códax da Música Galega.
Pasada esta fase, serán as socias e socios de MAV quen decidan, entre o 20 de abril e o 3 de maio, cal será o proxecto premiado de entre os tres finalistas de cada unha das 20 categorías.
A festa de finalistas que estaba previsto que se celebrase o día 15 de abril, tivo que adiarse por mor da situación actual. A nova data será o vindeiro 30 de setembro (sempre que as condicións en materia de coronavirus permitan a súa celebración).
A composición do xurado, formado por cinco profesionais de distintos ámbitos da música galega. Pola parte das e dos músicos contou con 5 profesionais:
Os membros do xurado salientan que foi “un arduo traballo” porque o número de inscritos e inscritas foi “moi alto”, pero están moi agradecidas e agradecidos de que desde Músicas ao Vivo tivesen contado con eles para esta tarefa.
Comentan que foi “un acerto grande” o feito de se ter engadido nesta sétima edición a categoría de bandas de música, xa que “son imprescindibles”, afirman. Ademáis, valoran moi positivamente o teren mantido as de verbenas e coros. Sinalan tamén que “hai que facer un esforzo non só para telos representados, senón para implicalos”, puntualizan.