imaxe da nova
Nova Galega

Medidas de apoio ao sector cultural

imaxe do usuario Xestor Xestor
7 maio 2020

Esta semana publicáronse as medidas de apoio ao sector cultural por parte da Xunta e do Estado.

 

PLAN DE REACTIVACIÓN DOS SECTORES CULTURAL E TURÍSTICO DA XUNTA DE GALICIA

A Xunta de Galicia ven de presentar o Plan de Reactivación dos sectores cultural e turístico fronte ao Coronavirus.

O vindeiro xoves, 7 de maio ás 17h, farase un webinar-encontro onde estarán o conselleiro, o director do IGAPE, o director xeral de Políticas Culturais, o director de AGADIC  e o secretario xeral de Política Lingüística, para explicar as medidas.

Plan Reactivación
Información webinar

 

MEDIDAS DE APOIO AO SECTOR CULTURAL DO GOBERNO DO ESTADO

O martes 6 de maio, fixéronse públicas as medidas de apoio ao sector cultural adoptadas no Consello de Ministros, cunha dotación orzamentaria de 76,4 millóns de euros.

Entre as principais medidas atopamos:
Liñas de crédito específicas para PEMES e empresas culturais; 23,7 millóns de euros adicionais para axudas ás artes escénicas e a música; novos mecanismos de adiantos e pagamentos do sector público para contratos e espectáculos de menos de 50.000€; aumento das deducións fiscais da lei de mecenado; e o acceso extraordinario á prestación por desemprego para os traballadores culturais.

Este último punto é importante polo recoñecemento do carácter intermitente e discontinuo dos traballadores culturais, aínda que en prinicipio deixa fóra a técnicos e traballadores da industria auxiliar. Para poder acceder ás axudas será necesario acreditar un mínimo de 20 días cotizados en 2019, e a duración da prestación será dun máximo de 180 días.

O ministro deixou no aire algunhas medidas solicitadas pola industria como a aplicación do estado de forza maior para adiar ou cancelar eventos amparados nun marco legal, a flexibilización das normativas de consumo respecto á devolución dos importes das entradas xa vendidas, a redución do IVE do 21% ao 10% de todos os servizos relacionados coa música en vivo, etc.

Anuncio oficial
Real Decreo-lei

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información