A Consellaría de Sanidade publicou no Diario Oficial da Galiza (DOG) a resolución onde se recollen as medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, unha vez superada a fase 3 do Plan para a transición cara a unha nova normalidade, na que a Galiza entrou o 15 de xuño.
En termos xerais, continúa a facerse fincapé na hixiene frecuente de mans; hixiene respiratoria; distancia interpersoal mínima de 1,5 metros; uso de máscaras cando non sexa posíbel manter a distancia mínima interpersoal, así como cando se estea en contornos con moita xente, especialmente en espazos fechados; preferencia por actividades ao aire libre e de pouca duración; limpeza, hixiene e ventilación dos espazos utilizados e, adopción de medidas de illamento e comunicación cos servizos de saúde tan pronto como se teñan síntomas compatíbeis co coronavirus (febre, tose ou dificultade para respirar) ou outros síntomas, como falta de olfacto ou gusto.
No que respecta ás actividades culturais ou artísticas, cómpre salientar:
- Restablecemento de determinadas actividades suspendidas. A Administración autonómica poderá permitir o restablecemento, a partir do 1 de xullo de actividades como locais de discotecas e lecer nocturno, festas, verbenas e outros eventos populares, así como as atraccións de feiras (punto 4 e 3.34 e 3.35)
- Prohíbese a actuación de coros durante as celebracións de actos de culto relixioso. (2.7)
- Medidas de hixiene e prevención comúns aos colectivos artísticos [distancia persoal, protocolos...] (2.9)
- Medidas para a entrada, saída e circulación de público espectador ou asistente en establecementos (3.2)
- Monumentos e outros equipamentos culturais (3.17 e 3.18)
DOG