imaxe da nova
Nova Galega

Modificación nas medidas de prevención en Galiza

imaxe do usuario Xestor Xestor
2 xullo 2020

O DOG do pasado 27 de xuño dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia polo que se introducen determinadas modificacións nas medidas de prevención  previstas no Acordo do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19.

Entre as cuestións fundamentais do documento, hai varias con relación coa actividade musical directa ou indirectamente:

- Medidas de prevención específicas para os casos de coros e agrupacións vocais e orquestras, bandas e outras agrupacións musicais, así como na actividade formativa en
conservatorios, escolas de música e danza.

No referente aos Coros e agrupacións vocais, estipúlase a obrigatoriedade de mantemento en todo momento dunha distancia de seguridade interpersoal, e de 3 metros co público. Será obrigatorio, en calquera caso, o uso de máscara durante toda a actuación. As mesmas condicións para os ensaios de ditas formacións.

En canto ás orquestras, bandas e outras agrupacións musicais, tanto en actuacións como ensaios, deberáse manterse a distancia de seguridade, reducindo o número de compoñentes se é necesario para o cumprimento da medida.
Todos os compoñentes que non sexan intérpretes de instrumentos de vento ou vocalistas deberán levar máscara durante toda a actuación ou ensaio. Os vocalistas e os intérpretes de instrumentos de vento só quitarán a máscara no momento da súa intervención vocal ou durante o uso do instrumento e deberán manter a distancia de seguridade durante a súa actuación e os ensaios, evitando situarse enfronte doutros intérpretes e recomendándose o uso doutros elementos como pantallas ou anteparos de separación.

En referencia á actividade formativa en conservatorios, escolas de música e danza, todos os profesores e alumnos que non utilicen instrumentos de vento deberán levar máscara durante toda a clase. Os instrumentos musicais que compartan varios alumnos deberán ser desinfectados tras o seu uso por cada alumno.

- Establecemento de novas medidas de prevención para o desenvolvemento da actividade de establecementos de lecer nocturno, festas, verbenas e outros eventos populares e atraccións de feiras.

As discotecas e resto de establecementos de lecer nocturno (discotecas, pubs, cafés-espectáculo, salas de festas, así como as salas de concertos que desenvolvan as súas actividades de forma análoga aos anteriores) poderán levar a cabo a súa actividade sen superar os dos terzos da súa capacidade. O consumo dentro do local poderá realizarse en barra ou sentado en mesa. No caso de existir zona de baile, permitirase o seu uso cunha ocupación que en ningún caso será superior á que resulte da asignación de tres metros cadrados da pista por cada usuario. Tanto os clientes coma os traballadores do establecemento deberán portar máscara. Os establecementos deberán levar un rexistro para permitirlles aos clientes achegar, en todo caso voluntariamente, un número de teléfono para facilitar a súa localización polas autoridades sanitarias (datos conservados durante 28 días naturais).

En canto ás Festas, verbenas e outros eventos populares, poderán iniciar a súa actividade sempre que se respecte unha capacidade máxima dunha persoa por cada tres metros cadrados da superficie útil do recinto, ata un máximo de 1.000 persoas para os espazos cunha superficie útil menor ou igual a 8.000 metros cadrados (límite máximo de 2.000 persoas para recintos de máis de 8.000 metros cadrados). Deberase acoutar o espazo e establecer puntos diferenciados para a entrada e saída, con controis de capacidade.
Tanto os asistentes como o persoal de organización deberán portar máscara de maneira obrigatoria. Disporanse dispensadores de solución/xel hidroalcohólico tanto na entrada/saída, como en diferentes puntos dentro do recinto.

DOG
Resolución 12 xuño

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro