A Federación de la Música de España (ES_MÚSICA) ven de publicar un Decálogo de medidas para a organización de eventos y espectáculos públicos na nova normalidade.
O obxectivo deste Decálogo é favorecer o proceso de reapertura dunha parte máis ampla do sector da música en España da que permite a normativa actual, desde o compromiso coa seguridade do público e de todas as persoas traballadoras do sector, tanto do colectivo artístico, como do persoal técnico e do persoal de todos os servizos esenciais. Neste sentido, recóllense propostas para recuperar aforos de pé e sentados con medidas de seguridade que incorporan criterios estritos de sectorización de espectadores, trazabilidade, medidas de escalonamento de entrada e saída de público e de persoas traballadoras e circulación de persoas. Todas estas medidas teñen como referencia o establecido na Real Decreto-Lei 21 /2020 do 9 de xuño, de medidas urxentes de prevención, contención e coordinación para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 e as diferentes normativas que publicaron as CC. AA. nos últimos días.
Este Decálogo compleméntase coa publicación das Directrices e Recomendacións para a Reactivación dos Eventos e Espectáculos Públicos e Reapertura dos Espazos que os acollen no contexto Covid-19. O obxectivo deste documento será dispoñer dun marco de referencia tanto para as Administracións Públicas (Goberno de España, Comunidades Autónomas e Concellos) como aos empresarios, promotores e organizadores de eventos. Tanto o Decálogo como as Directrices son documentos vivos pola necesidade continuada de ser actualizados a medida que se vaia avanzando na loita contra o COVID-19.
DECÁLOGO DE MEDIDAS PARA LA ORGANIZACIÓN DE EVENTOS Y ESPECTÁCULOS PÚBLICOS
DOCUMENTO DE MEDIDAS PARA LA REACTIVACIÓN Y PROPUESTAS