imaxe da nova
Actualidade

Nós tamén nos manifestamos - 17S

imaxe do usuario Xestor Xestor
15 setembro 2020

Como todas sabemos, o noso sector está a atravesar un moi mal momento debido á situación de pandemia que estamos a vivir e ás restricións e normativas que están a xurdir por mor da mesma.

No noso caso concreto levamos desde o comezo estudando todas as posibilidades, reuníndonos con diferentes asociacións, institucións…, e reivindicando e solicitando solucións a diferentes niveis (comunitario e estatal), no noso propio nome ou mediante plataformas a nivel estatal como a Unión de Músicos Profesionais, da que formamos parte.

A situación que tamén atravesan os sectores da organización de eventos ou espectáculos, o persoal técnico, as salas… non nos é allea. Calquera problema en calquera parte da engranaxe que nos permite subirnos a un escenario tamén nos afecta. Nun momento coma este é especialmente necesario que nos sintamos un só eslabón na cadea e que esteamos unidos/as. É por isto que apoiamos e queremos sumarnos ás mobilizacións que se desenvolverán por todo o territorio español o vindeiro 17 de setembro e que están organizadas en torno a  Alertarojaeventos.com / MUTE (Movilización Unida de Trabajadores del Espectáculo).

No caso de Galicia, co Sindicato Tesgal como punto de unión e traballo para realizar unha mobilización representativa do noso sector, poderemos manifestarnos en Compostela e en Vigo.

No caso de Compostela  a cita é na Praza do Obradoiro ás 20:30h, mentres que en Vigo está convocada para as 19:30h na R/ García Barbón nº99. Requírese que todo o mundo vaia vestido de negro.


Aproveitamos para reiterar, unha vez máis, a necesidade de que se tomen medidas urxentes desde o goberno para que esta pandemia non acabe dunha vez por todas co noso sector.

Os eventos culturais son lugares seguros e así o demostramos durante todo o verán, onde non houbo nin un só gromo xurdido dun concerto ou espectáculo.
Queremos condicións dignas de traballo.
Queremos que abran as súas portas os lugares onde sempre foi seguro tocar e se garanta o desenvolvemento da axenda cultural.
Queremos que as restricións de aforo non sexan totalmente esaxeradas ata rozar o ridículo, con auditorios de 1000 butacas con 60 persoas de público.
Queremos protocolos claros de actuación.
Queremos unha aposta firme a través de axudas ou similar que non permitan que a cultura morra.

E por todo isto apoiamos de “pe a pa” o manifesto de MUTE que vos deixamos nesta ligazón. Vémonos o 17S.
 

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información