imaxe da nova
Nova Galega

Manifesto das asociacións profesionais contra o trato discriminatorio na cultura

imaxe do usuario Xestor Xestor
7 outubro 2020

As asociacións profesionais vinculadas ás artes escénicas, cooperativas culturais, os Festivais de Cinema, a música e a xestión cultural (entre as que está Músicas ao Vivo) solicitan á Xunta de Galicia unha xuntanza para esixir un trato igualitario, menos restricións nos aforos e protocolos de actuación razoables e precisos.

Ademáis propoñen unha serie de medidas e recomendacións para a Xunta de Galicia e resto de Administracións Públicas para solucionar a diferencia de trato e discriminación con respecto a outros sectores.

Entre elas, solicítase a declaración da cultura como ben de primeira necesidade en Galicia, a reapertura das salas de concertos privadas, o mantemento ou incremento da programación cultural no ámbito escolar, e sobre todo a necesidade dun criterio claro e inequívoco de capacidade de espazos que non de lugar a malinterpretacións e que evite as cancelacións e suspensións arbitrarias que se están dando nos últimos tempo.

Queremos subliñar que a cultura é segura, que os espazos e os eventos seguen sendo espazos libres de contaxios. Tamén queremos subliñar que somos profesionais, e que por riba de todo co noso traballo garantimos a seguridade e a protección dos traballadores e traballadoras e do público nos nosos eventos, cumprindo os protocolos estrictamente.

Podes ler o texto completo do manifesto neste enlace.

Entidades Asinantes:
Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas (Escena galega)
Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM)
Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC)
Asociación Galega de Salas de Música (Clubtura)
Coordinadora Galega de Festivais de Cinema (Proxecta)
Asociación Sindical de Profesionais Técnicos do Espectáculo (Tesgal)
Músicas ao Vivo (MAV)
Unión de Cooperativas de Galicia (Espazo Coop)

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro