imaxe da nova
Nova Galega

Medidas e Axudas da Xunta da última semana

imaxe do usuario Xestor Xestor
9 decembro 2020

Informamos das novidades relevantes presentes nos DOG da primeira semana de decembro.
 
NOVIDADES SEMANAIS DOG
- DOG 240
- ORDE do 26 de novembro de 2020, Programa I microempresas, de mantemento do emprego e a actividade económica das microempresas e Programa II hostalaría, de apoio ao sector da hostalaría (Extracto1 e Extracto2)

- DOG 240bis - DECRETO 197/2020, do 27 de novembro, medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria

- DOG 240bis - ORDE do 27 de novembro, medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica

- DOG 244bis - DECRETO 202/2020, do 3 de decembro, medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria

- DOG 244bis - ORDE do 3 de decembro, medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica

- DOG 244bis - ORDE do 3 de decembro, vixencia dos ERTE por forza maior

- DOG 245bis - DECRETO 203/2020, do 4 de decembro, medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria

- DOG 245bis - ORDE do 4 de decembro, medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica


AXUDAS PROGRAMA I MICROEMPRESAS
Benficiarios:
- Persoas traballadoras autónomas con persoal contratado por conta allea ao seu cargo, as microempresas, calquera que sexa a súa forma xurídica e, excepcionalmente, as pemes, sempre desenvolvan a súa actividade económica nos sectores especialmente paralizados.
- Con domicilio fiscal en Galicia.
- Que teñan ou tivesen autorizado un expediente de regulación temporal de emprego (ERTE) pola COVID-19 desde a declaración do estado de alarma.
- Que a facturación baixase polo menos o 45 % no ano 2020.

Entenderase como actividade especialmente paralizada:
- En todo caso o lecer nocturno (discotecas, pubs, cafés-espectáculo e salas de festas, salas de concertos...)
- Atraccións de feiras e CNAES 4724, 4729, 4781, 4782, 4789, 5610, 5629, 5630 e 9200
- Outros CNAES relacionados co sector cultural entre os que están CNAE 5914: Actividades de exhibición cinematográfica, CNAE 9001: Artes escénicas, CNAE 9002: Actividades auxiliares ás artes escénicas, CNAE 9004: Xestión de salas de espectáculos.

Cómpre salientar que novamente se deixa fóra ao CNAE: 9003 Creación Artística, polo que os músicos/as non entran dentro de actividade especialmente paralizada. Inadmisible.

Para estas axudas destínanse trinta e sete millóns de euros (37.000.000€), repartidas ao 50% para 2020 e 2021.  Unha cantidade de 2.000.000€ están reservados a aquelas pemes pertencentes a sectores cuxa actividade estivese especialmente paralizada, tamén repartidas ao 50% para 2020 e 2021.

O prazo de solicitudes é dun mes dende a súa publicación no DOG.

A axuda será de 4.000€ ou de 5.000€ para sectores especialmente paralizados. Ambos pagados en dous aboamentos.

Será obriga do beneficiario da axuda manter a actividade económica e o emprego durante alomenos 6 meses.

Estas axudas serán compatibles coa axuda do Programa II e demais axudas.

 
AXUDAS PROGRAMA II HOSTALARÍA
Beneficiarios:
- Persoas traballadoras autónomas persoa física, ou con persoal contratado por conta allea ao seu cargo, as microempresas, pemes do sector de hostalaría.
- Con domicilio fiscal en Galicia.
- Estar afectado polos supostos de peche do establecemento ou de peche perimetral

Para estas axudas destínanse dezasete millóns de euros (17.000.000€).

O prazo de solicitudes é dun mes dende a súa publicación no DOG.

A axuda por establecemento será de 1.500€ por mes de paralización da actividade, desde o mes de outubro, cun mínimo de dúas semanas, aplicándose neste caso a parte proporcional por períodos de dúas semanas. Neste sentido, os que teñen paralizada a actividade dúas semanas recibirán 750€.
No caso dos establecementos que ocupen 10 persoas traballadoras ou máis de 10 (pemes) percibirán a cantidade de 2.000€ por mes paralizado.

As axudas serán por establecemento paralizado, podendo ter a persoa ou entidade beneficiaria máis dun establecemento con dereito a axuda.

O pagamento realizarase polo cen por cento no ano 2020.



NOVAS RESTRICIÓNS
Modifícanse os niveis de restricións e se amplían as capacidades de público en espectáculos en toda Galicia.

Mantense, en todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, o peche das actividades de festas, verbenas e outros eventos populares, así como das atraccións de feiras.

Haberá diferentes medidas de prevención específica segundo o nivel de alerta sanitaria. A clasificación destas zonas será obxecto de continua revisión periódica e a actual, establecida no decreto publicado onte, está vixente ata o vindeiro día 9 de decembro. Deixase atrás a limitación anteriormente vixente a 30 ou 60 persoas nos recintos de espectáculos con independencia do seu tamaño ou número de butacas.


NIVEL BÁSICO (I e II):
As actividades en cines, teatros e auditorios, poderán desenvolverse con público sempre que este permaneza sentado e que a capacidade se calcule, dentro da capacidade permitida, de forma que se garde sempre a distancia mínima de seguridade de 1,5m nas catro direccións entre os asistentes, salvo que se trate de persoas conviventes, cun límite máximo de 500 persoas para lugares pechados e de 1.000 persoas se se trata de actividades ao aire libre. O uso da máscara será obrigatorio en todo momento.
Deberán realizarse tarefas de ventilación nas instalacións cubertas por espazo de polo menos 30 minutos ao comezo e ao final de cada xornada, así como de forma frecuente durante esta e obrigatoriamente ao finalizar cada actividade; e deberá existir un rexistro de asistentes ao evento e custodiar este durante un mes despois do evento.
Ademais nestes concellos os locais de lecer nocturno, no que están as salas de concertos, poderán abrir (coa limitación horaria de mobilidade actual) cun máximo de 50 por cento de capacidade (40 por cento en nivel II) sempre que se respecten esas distancias de separación e cos clientes sentados.


NIVEL MEDIO-ALTO:
O límite máximo redúcese a 250 persoas para lugares pechados e de 500 persoas se se trata de actividades ao aire libre.
No relativo ao lecer nocturno este queda descartado neste caso xa que o horario de peche da hostalaría é ás 17:00 horas.


NIVEL DE MÁXIMAS RESTRICIÓNS
Peche temporal das actividades determinadas, nas que vense afectadas as actividades culturais e sociais de carácter recreativo, ficando pechados os cafés-espectáculo e as salas de concertos. Si poderán seguir abertos espectáculos cinematográficos e espectáculos teatrais e musicais en cines, teatros e auditorios.
 

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información