imaxe da nova
Nova Galega

Axuda ao sector cultural en Compostela

imaxe do usuario Xestor Xestor
12 decembro 2020

O Concello de Santiago de Compostela ven de aprobar a convocatoria de axudas aos sectores máis afectados polas medidas postas en marcha para conter a pandemia (comercio, hostalería e sector cultural), dentro do segundo plan de reactivación económica Compostela 2020.

A convocatoria empregarase para financiar o gasto corrente dos negocios e conta cun investimento de 300.000€ para o sector cultural. O prazo está aberto dende o 11 ata o 15 de decembro, e as solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos.

Dentro dos epígrafes do IAE susceptibles de ser subvencionables si se contempla o xenérico "90 Actividades de creación, artísticas e espectáculos", co que os músicos autónomos ou empresas si poderían acceder a elas.

Os beneficiarios deberán ser persoas físicas ou xurídicas, ou sociedades civís con:
- Actividade incluída nos epígrafes de AIE da convocatoria
- Sede da actividade en Santiago de Compostela
- Baixada na facturación igual ou superior ao 20% respecto o mesmo período do ano 2019 (entre o 1 de xaneiro e o 30 de setembro de 2020)

Trátase dunha convocatoria de carácter non competitivo, polo que se adxudicará ata esgotar o crédito habilitado. O criterio de adxudicación será a orde de rexistro de solicitudes e será compatible con outras subvencións ou axudas concedidas por outras administracións.

A contía da subvención será do 100% do gasto corrente xustificado (IVE excluido) ata un máximo de 3.000€ por cada persoa beneficiaria. Haberá que aportar un mínimo de 1000€ (IVE excluído) en gastos xustificados.

Entre as obrigas dos beneficiarios está o compromiso de mantemento da actividade empresarial durante un período mínimo de seis meses.

Convocatoria BOP / Nova Concello

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información