A Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural, co apoio da Deputación Coruña, presentan un Manual de Boas Prácticas na Xestión Cultural para Espectáculos ao Vivo.
A intención deste manual é a de establecer, dun modo práctico, os pasos que debe seguir calquera persoa física ou xurídica, pública ou privada, á hora de afrontar a organización dun espectáculo ao vivo. Algo moi necesario dende fai tempo.
O manual está dirixido a profesionais do sector cultural e está realizado por Patricia Hermida e Ángel Dieste, coa coordinación de xeral de Pilar Portela e Carlos Lorenzo.
O manual é un documento que pretende respostar dun xeito áxil e accesible ao reto de organizar un evento en base ás boas prácticas, que non son outras que as que veñen sustentadas pola responsabilidade social, ambiental e cultural e pola normativa e lexislación vixente.