imaxe da nova
Nova Galega

Decálogo para unha cultura sustentable en Galicia (Consello da Cultura Galega)

imaxe do usuario Xestor Xestor
5 abril 2021

Situar a cidadanía no centro da acción cultural, entender a cultura desde unha perspectiva ampla, priorizar o investimento público cultural no reforzo de persoal e favorecer unha economía máis social son algúns dos aspectos que contempla o “Decálogo para unha cultura sustentable en Galicia”, documento elaborado pola Comisión Técnica Temporal de Xestión e Políticas Culturais do Consello da Cultura Galega (CCG). Esta síntese é o resultado das achegas realizadas por diferentes expertos e axentes culturais no marco da xornada “Futuros presentes, conversas sobre cultura e sustentabilidade” desenvolvida o pasado mes de febreiro.

O decálogo procura un cambio de modelo en consonancia cos movementos que nesta liña se desenvolven a nivel europeo. A Comisión Europea ten en marcha o Pacto Verde (Green Deal), a folla de ruta para dotar a UE dunha economía e dunha sociedade máis sustentables e acadar unha transición xusta e integradora para todos. É unha prioridade transversal á que se acaban de incorporar programas culturais como Europa Creativa e o novo programa Ciudadanos, Igualdad, Derechos y Valores.

O decálogo elaborado pola Comisión Técnica Temporal de Xestión e Políticas Culturais propón un cambio de modelo no que a cultura se entenda desde unha perspectiva ampla, que busque unha economía da cultura máis social que promova fórmulas cooperativistas que contribúen ao desenvolvemento local e a unha maior estabilidade do emprego e dos proxectos. Nesa lóxica de traballo, o decálogo motiva a reformular os grandes eventos culturais cunha ollada á proximidade, á viabilidade e á diversificación dos proxectos. E non só iso, desde unha lóxica de sustentabilidade propón evitar o gasto en novas infraestruturas a prol de maior reforzo de persoal e mantemento de estruturas. Esta comisión avoga polo apoio aos procesos de transformación dixital e de internacionalización da cultura.
Nesta nova lóxica de traballo, un dos puntos centrais pasa por que a cidadanía estea no centro das políticas públicas, que teña en conta o carácter rural da cultura galega e que se preste atención aos retornos sociais non monetarios.

Enlace Decálogo

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información