Chega a oitava edición dos Premios Martín Códax da Música, organizados por Músicas Ao Vivo.
O obxectivo dos Premios é recoñecer a creación, a diversidade e a calidade artística das producións musicais galegas, así como revelar novos talentos da escena musical galega e achegar a música e o seu proceso de produción ao público. Por descontado, facer visible todo un sector.
Traemos varias novidades que vos iremos contando nas nosas redes sociais (Facebook, Instagram e Twitter) e baixo o cancelo #PremiosDaMúsica21.
Un ano máis queremos agradecer ás entidades e empresas que colaboran e apoian este certame:
Bodegas Martín Códax, Concello de Pontevedra / Pazo da Cultura de Pontevedra, Agadic / Xunta de Galicia e Deputación Pontevedra.
- Inscricións: do 23 de agosto ao 5 de setembro
- Mantéñense as 17 categorías musicais da edición anterior
- Organistrum a Salas e Festivais: serán premios extraordinarios sen o escrutinio do xurado, para brindarlles todo o apoio e recoñemento
- Gala dos Premios: 27 de outubro
Bases completas dispoñibles na nosa web dos Premios
Estamos desexando desfrutar da enorme diversidade e calidade dos vosos proxectos!
Como di o lema dos Premios, "Se fas música en Galicia, estes son os teus premios".
Quen pode inscribirse nesta VIII edición?
- Todos os proxectos musicais galegos vixentes e en activo en 2021, agás os que xa foran premiados na anterior edición dos premios.
- Non será requisito imprescindible ter editado disco algún.
- A inscrición será libre e gratuíta.
Que precisades para inscribir un proxecto?
- Obrigatorio: unha imaxe, unha pequena descrición e dous audios que deberán
ser subidos á propia web en formato mp3.
- Opcional: un vídeo do proxecto vía Youtube ou Vimeo, así como os propios sites e webs do proxecto.
- Premios Organistrum: os “Espazos de comunicación musical” terán que subir un logo ou imaxe corporativa, un texto explicativo e as ligazóns que consideren oportunas: webs, vídeos, reseñas, etc.