SOS OURENSE
Músicas ao Vivo adhírese a SOS OURENSE - EMERXENCIA CULTURAL e apoia a convocatoria de manifestación cidadá para o 18 de Novembro, coa que máis de 50 colectivos ata a data convocamos a cidadanía de Ourense e do conxunto de Galicia a se movilizaren contra a situación de demolición cultural, social e ambiental da cidade.
#RachemosOSilencio e unámonos colectiva e individualmente para cesar con esta intolerable e perxudicial situación para a nosa cultura que vive a cidade de Ourense dende fai demasiado tempo, e polo tanto toda a nosa comunidade autónoma.
Estanse buscando tamén percusionistas ou músicas/os para unha acción conxunta ese mesmo día 18 de novembro. Os interesados en participar poden contactar directamente con:
- Olga (652234588)