A Deputación de Pontevedra ven de presentar as novas bases e prazos de inscrición das redes MUSIGAL e PONTEGAL 2022.
MUSIGAL estreará no 2022 un catálogo de grupos e artistas con concertos en galego. A Deputación destinará o próximo ano 500.000 euros ao programa que pon concertos e actuacións a disposición dos concellos de menos de 50.000 habitantes.
A principal novidade do programa para o 2022 é a creación do "Catálogo de grupos Musigal", un inventario de grupos e artistas profesionais da música galega e en galego, e vixencia indefinida, de tal xeito que os grupos que pasen a formar parte del quedarán permanentemente incluídos, evitando que teñan que achegar a documentación cada ano.
Tamén se eliminaron a subdivisión en categorías e os límites de presentación de propostas por entidade facturadora.
O prazo para formar parte do catálogo abrirá entre o 1 e 15 de xaneiro de 2022 e, en anos sucesivos sempre durante o mesmo período, haberá a posibilidade de modificar os datos, caché, información, así como facer novas inscricións de grupos ou darse de baixa.
A Deputación de Pontevedra encargarase de aboar o caché do espectáculo do grupo ou artista e o concello da produción da actuación, que será totalmente gratuíta para a cidadanía.
Tamén se pon en marcha a nova edición do programa PONTEGAL, que ten por obxecto promover que o tecido asociativo da provincia poida levar a cabo actividades no ámbito das artes e a cultura e ao que a institución vai destinar no vindeiro 2022 un orzamento de 600.000 euros.
A inscrición en ambas redes é incompatible entre si.
Como sabedes, dende a cooperativa MÚSICOS AO VIVO S. COOP. GALEGA podemos facilitar a inscrición dos proxectos aos socios/as da mesma.
Musigal 2022
Nova / Bases Oficiais / Web Oficial
Pontegal 2022
Nova / Bases Oficiais / Web Oficial