imaxe da nova
Nova Galega

Abertas as inscricións na Rede Cultural 2022 da Deputación da Coruña

imaxe do usuario Xestor Xestor
19 xaneiro 2022

A Deputación abre a convocatoria da Rede Cultural, que aposta pola "difusión e a promoción da música, do folclore, do teatro, da danza, do cine e das demais manifestacións artísticas" cun orzamento de 1.900.000 euros.
Debido á situación derivada da Covid-19, o período de realización de actuacións estenderase até o 31 de marzo de 2023, tal e como se fixo nas convocatorias de 2020 e 2021.

Artistas, empresas e compañías teñen desde mañá e ata as 14 horas do 1 de febreiro para inscribir os seus espectáculos na nova edición da Rede Cultural da Deputación da Coruña. O prazo para que os concellos presenten ás súas solicitudes de actuacións estará aberto do 11 ao 22 de marzo.

Como en anteriores anos, o catálogo da Rede Cultural nesta edición estará formado por catro programas: "Escena ao vivo!" (para espectáculos profesionais de teatro, música, monicreques, maxia, danza e circo), "Visións" (para cinema e contidos audiovisuais), "Lingua a Escena!" (para espectáculos profesionais de música, teatro, danza, narración oral e monicreques con contidos específicos orientados á dinamización social da lingua galega) e "Alicerce" (para grupos de música, danza e teatro non profesionais).
BOP

Aproveitamos para recordar que dende a cooperativa MÚSICOS AO VIVO S. COOP. GALEGA podemos facilitar a inscrición dos proxectos aos socios/as da mesma.

Podedes contactarnos para calquera dúbida relacionada con estas redes.

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información