imaxe da nova
Actualidade

Aberta convocatoria GPS 12 ata o 15 de marzo

imaxe do usuario Xestor Xestor
2 marzo 2022

O Circuíto Estatal de Músicas Populares Virando Por Salas (GPS), lanza a súa duodécima convocatoria, que estará aberta, para bandas e solistas, do 1 ao 15 de marzo.

O obxectivo de  GPS é apoiar a artistas emerxentes de todos os estilos, tanto solistas como bandas, ofrecendo axudas para a celebración de concertos dentro do circuíto de salas en todo o territorio español. Os concertos realizaranse fóra da Comunidade Autónoma de residencia de cada artista ou a un mínimo de 300 km dentro da mesma. Con isto quérese potenciar aos novos talentos musicais e a súa difusión máis aló do seu ámbito de influencia natural, así como incentivar a profesionalización dos mesmos.
Así mesmo, os artistas recibirán unha axuda para a produción e promoción discográfica dos seus traballos potenciando con todo iso a produción discográfica e a estabilidade do circuíto de salas de música en directo.
 
Seleccionaranse 26 artistas de entre todas aquelas solicitudes recibidas que cumpran os requisitos e elaborarase un calendario en coordinación coas salas e os artistas seleccionados cun mínimo de seis concertos para cada artista, que terán lugar entre os meses de abril a novembro de 2022.

Nesta edición, fixéronse algúns cambios reseñables, sobre todo no tocante a esa axuda para a produción e promoción discográfica e á necesidade e requisitos para poder presentar a candidatura a través dunha estrutura empresarial (a mesma que emitirá as correspondentes facturas e se encargará das altas dos músicos e músicas seleccionados).

Recordamos que dende MÚSICOS AO VIVO S. COOP. GALEGA podemos axudar na inscrición se o precisades.

Web / Bases

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información