O III encontro profesional das músicas do Minho (MUMI) celebrarase do 29 de setembro ao 1 de outubro na Eurocidade Tui-Valença.
As persoas interesadas en participar no MUMI 2021 poden inscribirse no encontro.
A convocatoria para candidatar propostas de artistas e bandas galegas e portuguesas que teñan un proxecto musical de carácter profesional, independentemente do tipo de formación ou estilo, permanecerá aberta ata o 31 de marzo.
As propostas participantes serán escollidas por profesionais do sector, seguindo non só criterios de calidade, mais tamén de viabilidade dentro dos obxectivos e características da feira. Negociaranse as condicións económicas con cada banda/artista, dependendo do número de componentes, ofrecendo unha noite de aloxamento para as propostas seleccionadas e garantindo o equipamento técnico necesario para a correcta realización da actuación.
As bandas e artistas deberán cumprir cos horarios e tempos indicados pola organización, e permitirán ao MUMi a captación de fotografías e gravación de vídeo, cedendo os dereitos deste material para uso unicamente promocional.
As inscricións para profesionais estarán abertas até as datas de celebración do evento e será gratuíta.
A programación incluirá showcases, conferencias e sesións de traballo conxunto; co obxectivo de converter a Eurocidade durante tres días nunha feira musical de referencia no oeste peninsular.