A Xunta, a través da Axencia Turismo de Galicia, convoca a 3ª convocatoria de "O teu Xacobeo" para impulsar en toda Galicia proxectos relacionados co Ano Santo, proxectos nos ámbitos "artístico, gastronómico, de patrimonio, de pensamento e espiritualidade e deportivo". A convocatoria conta cun orzamento total de 1,5 millóns de euros que se reparten en 2 liñas/categorías: unha de 500.000€ para autónomos/ empresas e o resto (1.000.000€) para entidade non lucrativas.
As entidades privadas poderán solicitar axudas de ata un 60% do orzamento, cun máximo de 18.000 euros. Pola súa banda, as entidades sen ánimo de lucro, poden optar a axudas de ata 15.000 euros que supoñan ata un 90% do orzamento. As persoas e colectivos interesados teñen ata o vindeiro 16 de abril para realizar as súas solicitudes.
Os proxectos (réxime de concorrencia competitiva), deberán celebrarse entre o 1 de maio e o 31 de outubro de 2022.
A primeira convocatoria destas axudas contou cun orzamento total de 4,7 millóns, e a segunda, para 2020, con 3,3. Na actual xeira desaparece o apartado destinado a concellos, que podían optar ás anteriores.
Resolución / Extracto