imaxe da nova
Actualidade

Detalles novo contrato laboral artístico

imaxe do usuario Xestor Xestor
14 abril 2022

No BOE do 23 de marzo publicouse o Real Decreto-Ley 5/2022, de22 de marzo que modifica o carácter especial da relación laboral de quen se dedica profesionalmente ás actividades artísticas, como resposta ás limitacións acontecidas a raíz da reforma laboral e como primeiro paso para aplicar o esperado Estatuto do Artista. A destacar as novidades con respecto ao novo contrato laboral artístico, un contrato específico que se adapta á intermitencia da actividade artística, e a súa implementación práctica que estaba prevista entrar en vigor o 31 de marzo pero que na actualidade está empregando modelos provisionais porque aínda non está plenamente operativo en todos os organismos responsables.
A continuación explicamos cronoloxicamente o emprego das diferentes modalidades de contrato na práctica real e faremos unha breve valoración sobre o novo mecanismo.

REAL DECRETO-LEY 5/2022, DE 22 DE MARZO
Ademais das novidades expostas no anterior boletín (ampliación da definición de espectáculo público, inclusión de técnicos e auxiliares, creación dun novo contrato laboral artístico, novas obrigas de forma nos contratos, etc) observamos cambios que poderían ter transcendencia segundo a súa interpretación futura, como o cambio no concepto de "Empleador" que agora ademais da figura do organizador recolle tamén á do produtor.

Con este decreto entendemos que as actividades estritamente artísticas quedan exentas en todo caso da cotización adicional que marcaba a reforma laboral para a contratación temporal.


NOTA INFORMATIVA SEPE
Elaborouse un novo modelo de cláusula específica dos contratos de duración determinada que van servir para dar cobertura a este novo contrato para artistas e técnicos e persoal auxiliar denominado contrato artístico de duración determinada das persoas artistas que desenvolven a súa actividade nas artes escénicas, audiovisuais e musicais, así como as persoas que realizan actividades técnicas ou auxiliares. Ao modelo que serve para dar cobertura a estes novos contratos asignásenselle os códigos 407 e 507, segundo a contratación sexa a tempo completo ou a tempo parcial.
Este modelo xa está elaborado e en teoría incorporaríase, a partir do 31 de marzo, para a súa formalización por escrito unha vez que entrase en vigor a modificación do RD 1435/1685, do 1 de agosto.
Por outra banda, está a ser obxecto do correspondente desenvolvemento e axuste técnico para poder efectuar a comunicación na aplicación Contrat@. Ata en tanto non estea dispoñible en Contrat@ a comunicación destes contratos 407/507, debería efectuarse utilizando o código 990 (outros contratos). Cando o desenvolvemento na aplicación se materialice, os contratos comunicados ata ese momento co código 990, poderanse equiparar aos novos códigos establecidos.


MODELO DE CONTRATO TEMPORAL RDL 32/2021
Pódese optar, dentro dos novos códigos de contrato, por tempo completo (407) e tempo parcial (507).
Entendemos que para artistas haberá que empregar o de tempo completo como se viña facendo ata o de agora, e que o de tempo parcial será para os técnicos e auxiliares.
Ademais de especificar se o traballo corresponde a un artista ou o Persoal Técnico/Auxiliar; haberá que determinar a causa da contratación e duración do contrato.


BOLETÍN NOTICIAS RED 04-2022
Neste boletín informativo din algún detalle máis no ámbito da afiliación e liquidación de cotas.
Como novidades:
1) Ata o momento no que se implanten os novos tipos de contrato (407 e 507), nas altas del  réxime de artistas (código de cotización 0112)  haberá que utilizar os contratos (402/502)  e anotar nel campo "COLECTIVO DE TRABALLADORES":  
- 971. CONTRATO LABORAL ARTÍSTICO DE DURACIÓN DETERMINADA.
- 972. CONTRATO LABORAL NO ARTÍSTICO DE DURACIÓN DETERMINADA.

2) Especifícanse os códigos para anotar dentro do campo "CATEGORÍA PROFESIONAL" nas altas e variacións do réxime 0112:
 I.  Traballos de teatro, circo, música, variedades  e  folclore,  incluídos  os que se realicen para radio  e televisión o mediante  gravacións:
- 6000321 CANTANTES LÍRICOS
- 6000322 CANTANTES MÚSICA  LIXEIRA
- 6000326 MÚSICOS

3) Especifícase que "Proximamente se informará, a través dos medios habituais, da data a partir da cal resultarán esixibles os valores indicados anteriormente".


ORDEN PCM/244/2022, DE 30 DE MARZO
Actualizáronse as bases de cotización do réxime de artistas. Estes cambios teñen efecto retroactivo para todas as altas desde o 1 de xaneiro de 2022.

Aumenta a base de cotización mínima a 39,18€.
Tamén se modifican os tramos para base de cotización en función das retribucións íntegras:
-    Ata 275€: Porcentaxe sobre o importe
-    De 275,01 a 469,00 euros: 275,00€
-    Entre 469,01 e 843,00 euros: 347,00€
-    Entre 843,01 e 1.410,00 euros: 414,00€
-    Maior de 1.410,00 euros: 551,00€


CAMBIOS NA PRÁCTICA E DÚBIDAS
Na práctica, estes días están a ser de cambios e de poucas certezas nos procedementos.
A día de hoxe, seguen sen estar operativos os contratos 407/507 na Seguridade Social e hai problemas coa comunicación dos contratos dos primeiros días de abril.

Debemos despexar todas as dúbidas co funcionamento das altas, cotizacións e novos contratos canto antes, e apremar á Administración para que axilice todos os cambios en todos os órganos públicos intervenientes.

Baixo o noso punto de vista, a creación deste novo contrato laboral artístico non vai acabar co maior problema que viñamos sufrindo neste aspecto:
Por unha banda, o masivo incumprimento da legalidade vixente por parte dos organizadores e programadores con obrigación de realizar a contratación laboral; e por outra banda, a falta de concienciación e información por parte de moitos músicos/as ou artistas. Esperemos que esta situación mellore con estas medidas.

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información