Cultura da Deputación da Coruña pon en marcha as Residencias Artísticas Mariñán.
A área provincial de Cultura inicia unha nova liña de apoio á creación coa posta en marcha das residencias artísticas no Pazo de Mariñán, que se desenvolverán ao longo deste ano e terán a música e a literatura como leit motiv.
Prazo aberto ata o 19 de abril para presentar solicitudes para participar nas 4 residencias dedicadas á produción musical, dous para realizar en maio e outros dous para novembro. Poden concorrer a esta convocatoria bandas ou artistas con residencia en Galiza, de calquera estilo musical e que acheguen propostas con repertorio propio e en lingua galega.