imaxe da nova
Nova Galega

Subvencións a festivais de Artes Escénicas e de Música 2022

imaxe do usuario Xestor Xestor
11 abril 2022

O 24 de marzo publicáronse no DOG as Subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a festivais de artes escénicas e de música de carácter profesional para o ano 2022 que polas súas características teñan un interese estratéxico para o sector.
Para festivais que se desenvolvan entre 1 de novembro do ano 2021 ata o 31 de outubro do ano 2022.

FINALIDADE: apoio a festivais de artes escénicas e de música de carácter profesional celebrados en Galicia que, polas súas características, teñan un interese estratéxico para o sector.

IMPORTE: Aumento de 10.000€ con respecto á convocatoria de 2021, cun total de 550.000€ en total [Para a modalidade A (festivais de música), 350.000€]
O festival ten que ter un orzamento mínimo de contratación artística do 30% do orzamento subvencionable.
A cantidade máxima que se pode solicitar e conceder é de 50.000€ para a modalidade A (festivais de música), 10.000€ máis que no 2021.
A porcentaxe máxima de concesión de subvención non poderá exceder o 30 % do seu orzamento subvencionable no caso dos festivais de música, un 10% menos que en 2021.
O festival debe ter un mínimo de 2 edicións e programar un mínimo de 6 grupos.
Un mínimo do 80 % dos concertos teñen que ser con entradas de pago (aumento do 20% con respecto a 2021).

CRITERIOS DE AVALIACIÓN de festivais de música:
- Automáticos (entre outros)
Hai un punto que é "Nivel de contratación artística galega: ata 9 puntos": Valorarase o orzamento de contratación artística de grupos de música galegos. Non se terán en conta para este criterio os grupos de música «por determinar». "
Tamén hai outro criterio "Número de grupos de música contratados: ata 5 puntos"
- Artísticos (entre outros):
Interese estratéxico para o sector: ata 6 puntos. A comisión valorará as iniciativas e accións levadas a cabo dirixidas ao fomento e promoción do sector musical galego (fomento da proxección de artistas emerxentes, posta en valor de empresas auxiliares do sector musical con arraigamento en Galicia).

CONSIDERACIÓNS MAV:
- Outra vez non se especifica nada de comprobación de altas dos artistas contratados, nin nos requisitos nin na xustificación. Para nós este debe ser un punto fundamental de control, máis aínda cando hai cartos públicos de por medio.

- Entre os requisitos para os Festivais de Artes Escénicas si que velan por un mínimo de artistas galegos, aínda que este ano baixou do 60% ao 30%. No caso da música non hai ningunha porcentaxe e seguimos a ter que confiar no criterio dos programadores:
"A programación de compañías maioritariamente compostas por artistas que desenvolvan principalmente a súa actividade profesional en Galicia debe representar, como mí-
nimo, o 30 % do orzamento de contratación profesional artística do festival, agás no caso daqueles festivais que polas súas características intrínsecas non poidan acadar esta porcentaxe e así se xustifique debidamente na memoria do proxecto".

 Nova / Convocatoria / Extracto
 

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información