imaxe da nova
Actualidade

Reapertura de VigoSónico con incumprimentos

imaxe do usuario Xestor Xestor
29 abril 2022

O concello de Vigo anunciou a reapertura das instalacións de salas de ensaio do complexo VigoSónico para o 3 de maio.

Os grupos interesados deberán cubrir un formulario online solicitando o día e franxa horaria de preferencia, ata o 1 de maio na web de Xuventude do Concello de Vigo. Os espazos estrearán medidores de CO2 e a asignación do horario terá unha vixencia de tres meses (Pasado ese tempo, os grupos deberán repetir o formulario de solicitude).

O colectivo "Grupos en Loita" denuncia moitos incumprimentos da nova reapertura:
- O alcalde anunciou o 4 de febreiro que Vigosónico reabriría ese mes. A reapertura chega tarde.
- Publícase o anuncio sen poñerse en contacto previamente cos usuarios anteriores das salas e sen gardar o horario. A concelleira de xuventude reiterou que os grupos que xa ensaiaban no momento do peche gozarían de preferencia para a solicitude de horas de ensaio.
- O horario anunciado posúe menos horas dispoñibles que antes.

O colectivo presentou unha infografía coa cronoloxía das salas de ensaio públicas de Vigo e o seu progresivo desmantelamento. Denuncia tamén a coincidencia ou subordinación da reapertura co desenvolvemento dunhas xornadas da Fundación Paideia que os usuarios e a escena local non tiña solicitado.


Pola súa banda, o BNG vigués denuncia «importantes recortes» na reapertura de VigoSónico que cualifican de “tomadura de pelo e estafa política”. Entre eles:
- Reducción dun 90% dos cartos para financiar o funcionamento do espazo, pasando de 17.000€ ao mes a 1.700, segundo se detalla no prego do contrato menor que está a tramitar.
- Unha soa persoa para todas as instalacións, contratada en funcións de conserxaría, prescindido do resto de perfís profesionais cos que contaba antes da clausura. Non haberá "un técnico/a especialista en son, nin un técnico/a de animación sociocultural, nin un graduado/a que coordine e dinamice o espazo nin tampouco persoal de servizos xerais".

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información