Do 5 ao 20 de maio permanecerá aberto o prazo de inscrición de espectáculos e/ou concertos para o programa Cultura no Camiño 2022 (CnC), unha programación cultural destinada aos concellos de Galicia polos que discorren os distintos Camiños de Santiago, que se desenvolverá entre o 15 de xullo e o 10 de setembro no marco da celebración do Xacobeo 21-22. O DOG publicará proximamente as bases da convocatoria, os prazos de programación e as cantidades económicas que se asignarán.
Os importes máximos e a porcentaxe de subvención por beneficiario baixan claramente, segundo se desprende do documento informativo facilitado por Agadic (intúese que a partida consignada será moito menor que a de 2021 que foi de 1.000.000€):
- Pasamos dos 7.500 € nos concellos de menos de 20.000 habitantes (60% do caché subvencionado) e de 10.000 € nos concellos de máis de 20.000 habitantes (80% do caché subvencionado) a 2.500 € en concellos de menos de 20.000 habitantes (50% do caché subvencionado) e a 3.500 € en concellos de máis de 20.000 habitantes (40% do caché subvencionado).
Recordamos que os socios/as da cooperativa MÚSICOS AO VIVO S. COOP GALEGA podedes inscribirvos en Galescena cos datos fiscais da mesma e asociar os vosos proxectos a este ciclo.