imaxe da nova
Nova Galega

Inscrición RGMV 2022 ata o 25 de maio

imaxe do usuario Xestor Xestor
20 maio 2022

Segundo indica a páxina de Galescena, do 13 ao 25 de maio permanecerá aberto o prazo de inscrición de concertos á Rede Galega de Música ao Vivo 2022 (RGMV).
Aínda non saíu no DOG a resolución de aprobación de bases da convocatoria oficial.

Polo que se apunta no documento informativo que fixeron chegar aos grupos:

- Contémplanse dúas modalidades de subvención. A programación da Rede Galega de Música ao Vivo (RGMV) e a programación Complementaria da Rede Galega de Música ao Vivo. (As salas poderán presentar proxectos para ás dúas modalidades ou só á RGMV).
- Estas axudas están incluídas no proxecto Hub Audiovisual e da Industria Cultural Galega, que conta con financiamento no marco do eixo REACT-UE.

Polas negociacións mantidas entre MAV, Agadic e Clubtura a principios de ano sobre as novidades para a rede de 2022, deberían materializarse unha serie de puntos importantes (apuntados xa no boletín do 7 de marzo). Entre eles:
- Establecemento dun caché mínimo por músico/a bastante superior ás anteriores convocatorias na RGMV
- A Xunta financiará o 100% do orzamento de cada local adxudicatario na RGMV
- Na rede Complementaria farase unha achega por cada un dos concertos que o espazo se comprometa a desenvolver, a maiores dos da RGMV, con control de altas dos músicos/as na S.S. para toda a súa programación. Un punto de inflexión verdadeiramente importante de cara á dignificación do traballo de músicas/os.

Poden rexistrarse todos os solistas ou grupos de música profesionais, que desenvolvan a súa actividade habitual en Galicia.
Recordamos que os socios/as da cooperativa MÚSICOS AO VIVO S. COOP GALEGA podedes inscribirvos en Galescena cos datos fiscais da mesma e asociar os vosos proxectos a este ciclo.

Documento informativo / Aviso Agadic

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información