Os IX Premios Martín Códax da Música celebran a fin da pandemia e demandan un compromiso do sector cos proxectos musicais galegos.
O espírito de verbena que impregnou a gala dos IX Premios da Música Martín Códax na noite do mércores 5 no Pazo da Cultura de Pontevedra serviu para celebrar o fin da pandemia.
Carmen Conde (Tarabela Creativa) na dirección artística e Mekanika Rollíng Band na parte musical fiaron dúas horas de espectáculo ao redor da importancia das verbenas no noso país.
Presentación da nova directiva de Músicas ao Vivo
Esta novena gala dos Premios Martín Códax supuxo tamén a despedida da directiva saínte de Músicas ao Vivo e a presentación da nova que se fará cargo da xestión da entidade nos vindeiros anos. Xiana Lastra, presidenta saínte, presentou sobre o escenario ás persoas que toman as rendas de Músicas ao Vivo: Sheila Patricia, Xavier Castro, Patty Castro, Tomás Díez, Silvia Penide e Pablo Lesuit. A presidenta saínte tamén se referiu á resistencia e loita da profesión para mellorar as súas condicións. “Vivimos un ano no que a produción de concertos e espectáculos ao vivo acadou cifras históricas en Galicia, pero, non nos esquezamos, só unha ínfima parte dese investimento recaíu nos proxectos feitos aquí, na nosa terra”.
Honorífico 2022: Medio século de Fuxan os Ventos
A ovación da noite foi, como era de agardar, para Fuxan os Ventos, Premio Honorífico 2022, que recolleron das mans de Xoan Allegue, presidente das Bodegas Martín Códax. Desde Músicas ao Vivo destacaron na laudatio que Fuxan os Ventos “non foi o único grupo galego cun alto compromiso social da época, pero si o que máis éxito acadou, chegando non só á intelectualidade galega vencellada á canción protesta e aos cantautores senón tamén á Galicia de orixe rural”.
Destacouse que Fuxan os Ventos como “un proxecto baseado na lingua propia, no folclore, na liberdade e denuncia do inxusto, así como na vontade da unión do pobo e das súas xentes”. Así mesmo lembraron desde a entidade que “eles, elas espertaron consciencias cosas súas mensaxes e melodías, cantadas por toda a nosa xeografía, chegando non só a intelectualidade galega vencellada a canción protesta e os cantautores, senón tamén a Galicia de orixe rural, o pobo, nós”.
RELACIÓN DE PROXECTOS PREMIADOS 9º PREMIOS MARTÍN CÓDAX DA MÚSICA
CATEGORÍAS MUSICAIS
Música Tradicional: Airiños da Freba
Músicas do Mundo e Mestizaxe: Sheila Patricia
Bandas de Música Popular: Banda Unión Musical de Meaño
Folk: Os d’Abaixo
Electrónica: Grande Amore
Jazz e Músicas Improvisadas: Xosé Miguélez 4tet
Rock: Familia Caamagno
Metal: Grima
Blues, funk e soul: Nastasia Zürcher
Canción de autora/or: Sofía Espiñeira
Infantil: Mamá Cabra
Músicas Urbanas: Rebeliom do Inframundo
Orquestras, Grupos e Música de Verbena: América de Vigo
Pop e Indie: Néboa
Música Clásica e Contemporánea: Samudra Trío
PREMIOS ORGANISTRUM 2022
Salas: A Arca da Noe
Festivais: Festival de Ortigueira
Proxectos de Comunicación e Difusión Musical: Descúbreas
Artista Emerxente: Antía Muíño
Artista do Ano: Nastasia Zúrcher
Premio Honorífico 2022: Fuxan os Ventos