imaxe da nova
Nova Galega

Convocatoria de participación na aceleradora cultural de proxectos musicais, ata o 28 de decembro

imaxe do usuario Xestor Xestor
20 decembro 2022

A Xunta presentou a finais de novembro o procedemento para a selección, en réxime de concorrencia competitiva, das persoas participantes no "Programa da aceleradora cultural de proxectos musicais" ao abeiro dos fondos NextGenerationEU.

O obxectivo é incentivar e estimular a profesionalización empresarial do sector musical e impulsar a carreira de artistas emerxentes. Busca acelerar o crecemento do tecido empresarial e profesional da nosa industria musical, ademais de definir e analizar as necesidades dos proxectos musicais emerxentes co fin de impulsalos e consolidalos tanto a nivel nacional como internacional. Buscarase igualmente mellorar o seu acceso ao mercado e ao financiamento, así como favorecer sinerxías de encontro e colaboración artística e empresarial dentro do seu ámbito e do conxunto da industria cultural.

Destina un orzamento de 179.328 euros (10.000€ en 2022 e 169.328€ en 2023) á posta en marcha deste programa cunha primeira fase de consultarías individualizadas e grupais, tanto presenciais como telemáticas, que incluirán diferentes accións de mentorización arredor de cada un dos proxectos seleccionados co foco posto na proposta artística, produción, promoción, comercialización e modelo de negocio. O obxectivo neste caso será a creación dos correspondentes produtos musicais e a elaboración do seus plans de negocio.

A segunda fase dedicarase á promoción e difusión dos proxectos a través da súa participación en circuítos de concertos, festivais e mercados profesionais, dentro e fóra de Galicia, ademais de nun evento final de presentación das propostas.

Segundo a Xunta, as persoas beneficiarias desta convocatoria recibirán unha subvención en especie cun valor equivalente a 18.680 euros.

O 16 de novembro presentárase tamén convocatoria para a selección da entidade colaboradora que se encargará da xestión desta iniciativa, que previsiblemente fará de novo a Fundación Paideia.

A Xunta asumirá o 80% dos custos das actividades de aceleración, ao abeiro dos fondos Next Generation EU, de xeito que destina os preto de 180.000 euros ás diferentes accións destinadas a facilitarlles aos participantes as ferramentas necesarias para o desenvolvemento das súas carreiras, mentres que os 60.000 restantes corresponden aos gastos de xestión.

O prazo de presentación de propostas estará aberto ata o 28 de decembro de 2022.

 

Beneficiarios: Profesionais autónomos e microempresas, cun máximo de cinco anos de actividade neste ámbito, cara á selección de entre 4 e 12 proxectos para participar nas diferentes fases da aceleradora.

- Tamén persoas físicas, maiores de idade, co compromiso de constituírse en empresas ou autónomos no momento de adquiriren a condición de beneficiario.

- A actividade empresarial debe desenvolverse de forma habitual e maioritariamente en Galicia.

- Estar dada de alta nas epígrafes do IAE 032 (intérpretes de instrumentos musicais) ou 033 (actividades relacionadas coa música, cantantes) ou comprometerse a darse de

alta nestas epígrafes ao constituírse como empresa.

- Estar ao día coas obrigas coa Facenda e Seguridade Social e non atoparse en situación de crise.

- O número total de integrantes do proxecto musical non superará o número de 8.

Nova / Aviso Agadic / Extracto / Resolución

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información