MIM (Asociación de Mulleres da Industria da Música) presenta o "II Estudo de igualdade de xénero na industria da música" en España.
Analízase por segunda vez a situación das mulleres na industria musical en colaboración con YouGov (firma internacional de investigación de mercados e análise de datos).
Neste traballo revelan a situación das mulleres pasados tres anos dende o primeiro estudo, e trala crise económica e social derivada da pandemia. A análise volve a resaltar as desigualdades de xénero que existen dentro da industria e pon o foco en dúas realidades alarmantes. A falta de contactos, a escasa información e o menor salario por ser muller son tres das principais barreiras que se seguen atopando as traballadoras da industria musical
- A brecha salarial entre mulleres e homes segue superando o 20%.
- O 81% das mulleres teñen que renunciar a aspectos da súa vida anterior para poder alcanzar as súas metas profesionais dentro do sector musical.
O estudo conclúe que as medidas adoptadas polas empresas para loitar contra as desigualdades de xénero son insuficientes para as mulleres o que conleva que o 44% das mulleres do sector pensen en cambiar ou xa cambiaran de traballo durante o período da pandemia.
Dende MAV seguimos traballando na elaboración do "Protocolo para a prevención e actuación en casos de acoso e violencia laboral nas artes escénicas" xunto con outras entidades galegas representativas como Escena Galega, a Asociación de Actries e Actores de Galicia (AAAG), a Asociación Sindical de Profesionais Técnicos do Espectáculo (TESGAL), a Asociación de Profesionais de Circo de Galicia (APCG) e a Plataforma Artes do Movemento (PAM).
Este protocolo ten por obxectivo previr e erradicar a violencia e acoso no mundo do traballo, incluíndo a violencia e acoso laboral por razóns de sexo/xénero, sen prexuízo das especificidades que se poidan constatar de acordo á natureza de cada profesión e/ou actividade en particular no marco das Artes Escénicas e a Música.