imaxe da nova
Nova Galega

Grupos e bases para solicitudes de actuación do Musigal 2023

imaxe do usuario Xestor Xestor
13 xaneiro 2023

A finais de decembro publicáronse no BOPPO as bases reguladoras para a solicitude de actuacións con cargo ao programa "MUSIGAL 2023", así como a relación de grupos incluídos finalmente no catálogo para este ano.

A dotación orzamentaria para o programa é de 500.000€ e poderán solicitar actuacións os concellos da provincia de Pontevedra de menos de 50.000 habitantes.
As actuacións realizaranse entre o 1 de abril e o 31 de decembro do 2023, dirixida ao público en xeral e de entrada libre.
A Deputación de Pontevedra aboará o 100% do caché do espectáculo do grupo ou artista e o concello aboará a produción da actuación.
O prazo de presentación de solicitudes de actuacións por parte dos concellos interesados será desde o 9 de xaneiro de 2023 ata o 25 de xaneiro de 2023, os dous incluídos.

O número máximo de actuacións que poderá realizar un mesmo grupo ou artista, en cada convocatoria, será de tres (ademais os concellos non poderán solicitar o mesmo grupo nas dúas últimas convocatorias do programa).
Os concellos deberán comprobar, antes do comezo da actuación, que as e os artistas membros dos grupos están dados de alta na Seguridade Social e facilitarlle ao grupo participante a acreditación de realización da actuación con cargo ao Programa “Musigal” 2023.
Web Oficial / Grupos inscritos / Bases para a solicitude de actuacións

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información