A finais de 2022 soubemos que queda blindado e reforzado o sistema de deducións fiscais culturais, con efectos inmediatos para todas as operacións do ano 2022.
O artigo 39.7 da Lei de Imposto sobre Sociedades permite, desde 2021, que empresas de calquera sector poidan aplicar unha dedución en Imposto Sociedades ou IRPF do 120% das cantidades achegadas a un proxecto de espectáculos en vivo. Trátase dunhas importantes deducións en favor de calquera empresa que apoie espectáculos e proxectos culturais, música en vivo, teatro, cinema e audiovisual.
Estes beneficios fiscais fundaméntanse en certificados emitidos polo Ministerio de Cultura e xestiónanse directamente con Facenda, a través dun procedemento específico que se habilitou para remitir pola sede electrónica a final de ano todos os detalles e datos fiscais das achegas por parte dos mecenas.
Poden beneficiarse todas as empresas (sociedades limitadas, sociedades anónimas e cooperativas) como persoas físicas con actividades económicas, de calquera sector económico. Tamén no caso asociacións con obxecto social mercantil.
Vantaxes para o promotor do espectáculo
- Recibe unha importante cantidade económica adicional á venda de entradas e ingresos ordinarios.
- Sen débedas. Non se trata dun préstamo que teña que devolver ao investidor.
- Non implica entrada no capital social, nin venda de participacións.
- Coñecemos o importe que se vai a percibir de maneira previa (a diferenza de subvencións).
- Permite crear potentes sinerxias con patrocinadores e colaboradores estratéxicos.
- Optimización contable e financeira, axudando a crecer e consolidar a empresa.
Vantaxes para o investidor
- Recupera ata o 120% das cantidades achegadas ao proxecto cultural, cunha importante rendibilidade en moi pouco tempo e sen risco de mercados financeiros.
- Ante a incerteza económica actual, o mecenado cultural como investimento ofrece rendibilidade con clara previsión e seguridade.
- É unha das poucas opcións de aforro fiscal existentes actualmente na normativa tributaria.
- Atopa interesantes sinerxias en materia de patrocinios e valor reputacional ante os teus clientes.
Artigo para ampliar información:
Artigo