imaxe da nova
Actualidade

A Xunta convoca axudas para potenciar a proxección exterior da música e das artes escénicas galegas

imaxe do usuario Xestor Xestor
22 febreiro 2023

A Xunta abriu o prazo de solicitude das subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais, a través dunha convocatoria da Agadic publicada o 2 de febreiro no DOG.
A convocatoria é practicamente como a do ano pasado. Igual que en anos anteriores o procedemento será en réxime de concorrencia non competitiva (as subvencións serán outorgadas sempre que cumpran os requisitos exixidos na convocatoria por orde cronolóxica, sen ningún tipo de valoración, ata esgotamento de crédito).

Beneficiarios
Persoas físicas (autónomas) e persoas xurídicas privadas dedicadas profesionalmente á actividade de produción e distribución de espectáculos de artes escénicas ou musicais, que desenvolvan maioritariamente a súa actividade en Galicia.
Para
actividades que se desenvolvan entre o 1 de novembro de 2022 e o 31 de outubro de 2023 (para acceder a estas achegas cómpre ter asinados os contratos no momento da súa solicitude).
Exceptúanse novamente asociacións e entidades sen fins de lucro, pero si teñen cabida sociedades civís, comunidades de bens e outras entidades sen personalidade xurídica


Importe
460.000 euros en total, 230.000 euros para música (modalidades B1, B2 e B3). A modalidade B3 disporá dun mínimo de 40.000 euros (increméntase esta partida en 10.000€).
A contía máxima total que poderá obter unha empresa beneficiaria no conxunto das distintas modalidades será de 25.000 euros para a Música.
Posibilidade de pagamento anticipado.


3 modalidades musicais (B):
- B1: subvencións para a distribución de espectáculos musicais fóra de Galicia (mínimo de tres concertos e en ningún caso máis de oito no mesmo espazo)
- B2: subvencións para as representacións musicais en feiras e festivais fóra de Galicia.
- B3: subvencións para a asistencia a feiras e mercados musicais fóra de Galicia.

*No caso das artes escénicas, hai unha cuarta categoría destinada á distribución de espectáculos no territorio galego, pero non para música.


O prazo de presentación de propostas cambia con respecto a anos anteriores e agora é de 3 meses dende a publicación no DOG, é dicir ata o 2 de maio de 2023 (este ano presentáronse bastante antes que os anos anteriores).
Nova / Resolución / Extracto

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información