imaxe da nova
Nova Galega

Axudas de Creación Artística para artistas individuais empadroados no concello de A Coruña

imaxe do usuario Xestor Xestor
23 febreiro 2023

O concello da Coruña abre o prazo de recepción de propostas para as Axudas de Creación Artística para artistas individuais empadroados Concello Coruña, para o ano 2023.
As axudas teñen por obxecto contribuír aos gastos ocasionados pola creación de proxectos artísticos durante o ano 2023 e, como finalidade, promover a investigación, creación, desenvolvemento e difusión de contidos, produtos, programas, actividades e servizos culturais.
Están dotadas cunha contía total de 180.000€ e o procedemento de concesión será en réxime de concorrencia competitiva.

O prazo para presentar propostas remata o 8 de marzo 2023.
Tramitarase a través do servizo de Cultura e a resolución corresponderá a Alcaldía.

Poderán ser beneficiarias desta axuda as persoas físicas maiores de idade, empadroadas no Concello da Coruña (antigüidade de polo menos 2 anos anteriores) e que estean ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e da Seguridade Social.

O importe exacto das axudas concedidas adecuarase ao cadro de ingresos e gastos do orzamento e o seu déficit. En todo caso, o importe máximo de cada axuda é de 10.000 €.

Teléfono de información directa: 981 184 200
Extensións 12024 e 12038
Información / Bases / Extracto

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información