Este 2023 ábrese unha nova convocatoria do Cantalingua. As bandas galegas poderán inscribirse nesta convocatoria que ten como premio unha remuneración de ata 1.300 euros por cada actuación nos centros escolares que participan do Correlingua.
No concurso poden participar bandas e solistas en lingua galega de calquera estilo musical. As cancións deben ser orixinais, e cantadas integramente en galego. Para participar nas Festas do Correlingua é necesario concursar no Cantalingua.
Os premios para esta edición de Cantalingua no Correlingua serán as actuacións previstas nos centros, haberá tres premios para os tres primeiros clasificados cunhas remuneracións 600 euros brutos por actuación de solista, 800 euros brutos por grupo ata tres compoñentes, 1100 euros brutos para grupos ata cinco compoñentes e 1300 para grupos de seis ou máis compoñentes. Os concertos serán celebrados polas mañás.
A canción deberá presentarse en formato MP3, xunto cunha presentación da banda ou solista e unha fotografía. Hai que indicar un enderezo electrónico e un teléfono de contacto. Todos estes datos pódense enviar ao correo correlingua@gmail.com antes das 24H do 12 de marzo de 2023.
As cancións participantes serán publicadas na web de Correlingua e difundidas nas redes sociais para que sexan coñecidas polo maior número posible de persoas. Os gañadores coñeceranse no mes de abril de 2023 na web do Correlingua. Os concertos celebraranse no mese de maio de 2023 cunha duración aproximada de 30 minutos nos concertos compartidos e de 50 minutos cando a actuación sexa en solitario
Web / Bases