imaxe da nova
Asociación

Inscricións abertas ata o 2 de abril nos X Premios Martín Códax da Música

imaxe do usuario Xestor Xestor
15 marzo 2023

Estamos de volta!!!
Comeza a décima edición dos Premios Martín Códax da Música, coa que se cumpren 10 anos de traballo de Músicas Ao Vivo realizando este certame para apoiar e difundir a diversidade e a calidade da música galega!

Vai ser unha edición moi especial, de consolidación do certame e que podedes seguir nas redes sociais dos Premios (Facebook, Instagram e Twitter) baixo o cancelo #PremiosDaMúsica23.

Como novidades desta edición presentamos unha nova web totalmente remodelada e adaptada aos novos tempos, para celebrar como se merecen estes 10 anos. Manterase a categoría de Artista Emerxente estreada o pasado ano.

O período de inscricións permanecerá aberto ata o 2 de abril. Como inscribirse? Entrando en na web dos Premios onde tamén atoparedes as bases coas novidades desta edición.

O obxectivo fundamental deste certame é fomentar a visibilidade da música galega. Buscade a vosa categoría e inscribide os vosos proxectos e animade aos vosos coñecidos a facelo!
Estamos desexando escoitarvos!
Web dos Premios

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información