imaxe da nova
Actualidade

A Asociación Galega de Salas de Música ao Vivo (Clubtura) renova a equipa directiva

imaxe do usuario Xestor Xestor
25 marzo 2023

A Asociación Galega de Salas de Música ao Vivo (Clubtura) renova a equipa directiva para os vindeiros dous anos.

A nova directiva, que conta con representantes de 9 salas de oito localidades repartidas entre as catro provincias galegas, estará presidida por Marcos Vázquez Silva (La Fábrica de Chocolate, Vigo), que terá ao seu carón a Tomás Legido Sánchez (Sala Mardigras, A Coruña) como vicepresidente, e a Eduardo Meijueiro Rodríguez (La Pecera, Vigo) como secretario. A tesourería da entidade queda en mans de Fernando Casal Neira (Gatos, Melide),que xa ostentara o cargo na anterior directiva. Nos postos de vogais repiten Ánxela González Porto (Borriquita de Belem, Santiago de Compostela) e Davide Paz Garza (Auriense, Ourense), e incorpóranse por primeira vez Sabela Regueira Varela (Sala Guión, Pontedeume), Celestino Freijo Andión (Sala Jagger, Lugo) e Gustavo Rey (Krazzy Kray, Cambados).

Clubtura naceu no ano 2005 coa intención de aglutinar o sector profesional das salas de música ao vivo en Galicia, e dende entón leva traballando pola profesionalización e o recoñecemos do mesmo. Forma parte de ACCES, a Asociación Cultural Coordinadora Estatal de Salas, e, a través dela, a Live/DMA, a Asociación Europea de Salas de Concertos.
Actualmente aglutina a 36 salas de música en directo de toda Galicia (máis do 80% do sector) sendo a única entidade representativa do mesmo.
Nova

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información