imaxe da nova
Nova Galega

Falece a Dorothé Schubarth, autora do 'Cancioneiro popular galego'

imaxe do usuario Xestor Xestor
11 setembro 2023

A asociación Músicas ao Vivo mostra o seu pesar polo falecemento de Dorothé Schubarth, musicóloga á que lle debemos o 'Cancioneiro popular galego' canda o académico Antón Santamarina, e que representa arredor de 5000 letras e 248 Cds coas gravacións orixinais en cinta dixitalizadas. As gravacións e recolleitas da nosa música tradicional foron realizadas nos anos 70 e 80 por todo o país con criterios científicos e introducindo a perspectiva dos informantes.

Muller intrépida e empoderadora. Aínda hoxe é insuficiente o coñecemento da transcendencia do seu legado por parte da sociedade galega para a preservación da tradición oral.

Dorothé Schubarth recibiu o Premio honorífico Martín Códax 2017.  para o recordo queda a entrevista que lle fixemos nesas datas.

Entrevista

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información