O domingo 22 de outubro, terá lugar unha nova Asemblea Xeral da asociación Músicas ao Vivo e da cooperativa Músicos ao Vivo S. Coop. Galega.
A cita será na aula Circular do Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, ás 11:00h.
A directiva quere pulsar conxuntamente e de primeira man a visión sobre a situación actual do sector musical en Galicia; así como da situación da asociación e da cooperativa e do traballo que se leva desenvolvendo estes últimos meses. É por iso que pretendemos aumentar as vías de comunicación e a participación dos socios/as nas tomas de decisión futuras. Por suposto, haberá turno para rogos e preguntas dos asociados/as, o intercambio de pareceres e o debate.
Reservade a data!