imaxe da nova
Nova Galega

Músicas ao Vivo asina o Protocolo de prevención e actuación do acoso sexual e por razón de sexo ou xénero nas artes escénicas e musicais

imaxe do usuario Xestor Xestor
17 novembro 2023

O sector das artes escénicas e musicais ven de presentar o pasado 15 de novembro, o "Protocolo de prevención e actuación do acoso sexual e por razón de sexo ou xénero nas artes escénicas e musicais".
Nove asociacións, entre as que está Músicas ao Vivo, asinan o texto, conseguindo a adscrición dun gran número de empresas, sindicatos e asociacións sectoriais vinculadas ao sector das artes escénicas e a música, convertendo o documento nunha referencia a nivel estatal, o primeiro e único destas características.

O novo documento dá cumprimento á lexislación estatal específica en termos de igualdade
real e efectiva de mulleres e persoas do colectivo LGBTI e implementarase de xeito transversal
nas organizacións asinantes.
Todas as entidades implicadas e participantes no proceso, coinciden na necesidade de levar a cabo medidas preventivas para evitar que xurdan casos no futuro. Neste sentido, un dos documentos que acompaña o Protocolo é un Código de conduta a entregar a todo o persoal que se incorpore a unha empresa ou produción escénica ou musical.

A principal innovación do Protocolo é o seu amplo ámbito de aplicación, abranguendo tanto persoas físicas como xurídicas representadas polas asociacións que reúnen diversas actividades do sector das artes escénicas, como teatro, danza, música, circo, xestión cultural, produción técnica e organización de festivais.

A colaboración do Colexio de Psicoloxía de Galicia e do Consello de Avogacía Galega foi crucial na
redacción e validación dos distintos aspectos do Protocolo, desde o modelo de denuncia ata a
composición da Comisión de Seguimento e as medidas para a resolución dos casos.
O Protocolo inclúe medidas específicas para a prevención do acoso relacionado coa orientación sexual e identidade de xénero, cumprindo coa normativa autonómica e nacional, e servindo de marco de referencia para outras comunidades autónomas.

O texto non só facilita a denuncia, investigación e resolución dos casos de acoso, senón que tamén
contribúe á sensibilización do sector e da sociedade en xeral.

A adhesión a un protocolo sectorial evita que cada entidade contratante teña que deseñar e aplicar o seu propio documento ao respecto, favorecendo así que os actos ou situacións de acoso poidan ser denunciados, investigados e resoltos independentemente de que a persoa vítima e a agresora pertenzan á mesma empresa.
A complexidade de deseñar o protocolo con enfoque sectorial implicou adaptar aspectos como o modelo de denuncia, a composición da Comisión de Seguimento ou as medidas para a resolución dos casos, aplicación de sancións, etc.

Organizacións asinantes
_ Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas (ESCENA GALEGA)
_ Asociación de Actrices e Actores de Galicia (AAAG)
_ Asociación Profesional de Circo de Galicia (APCG)
_ Asociación de Profesionais das Artes do Movemento de Galicia (PAM)
_ Asociación Músicas ao Vivo
_ Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM)
_ Asociación Sindical de Profesionais Técnicos do Espectáculo (TESGAL)
_ Asociación de Empresas Tecnolóxicas e Servizos Audiovisuais de Galicia (AGATEC)
_ Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC)

En breve estarán dispoñibles dende a web de MAV o protocolo e os seus documentos complementarios (Código de Conducta e Documento de Adhesión).
Protocolo

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información