Cada vez somos máis os profesionais que denunciamos a tardanza en cobrar actuacións por parte dalgunhas institucións.
Hai uns días, #MAVCoruña compartía un post do músico coruñés #NéstorPardo no que facía público algo que xa é vox pópuli no sector e que cada vez sae máis á luz, remitíndonos a tempos pretéritos.
Dende Músicas ao Vivo esiximos a axilización da burocracia e da xestión de concertos e actuacións que, en moitos casos, tárdanse meses en cobrar. Ademais moitas veces, tendo que afrontar previamente a persoa artista ou a entidade que a representa múltiples gastos derivados da actuación.
Polo respecto, a mellora e o propio futuro do sector musical faise imprescindible a implicación e compromiso de todas as persoas e institucións con este problema.
#SomosMAV