imaxe da nova
Nova Galega

Enquisa para estudio sobre o impacto da Industria na Música en Galicia

imaxe do usuario Xestor Xestor
12 decembro 2023

Músicas ao Vivo está a participar nas reunións profesionais organizadas polo grupo de investigación POSMARK, da Universidade de Santiago de Compostela, con motivo da participación nun "focus group" que están a organizar a pedimento da Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM). O obxectivo do estudo é coñecer o impacto da Industria da música en Galicia.

Neste punto solicítase axuda a través da realización dun cuestionario creado dende o propio grupo de traballo co obxectivo de aproximar ás características e particularidades da dita industria, analizar a súa situación actual e coñecer o alcance das súas dificultades específicas.
A partir dos resultados, preténdese tamén realizar propostas de intervención que permitan a mellora da dita situación.

O cuestionario consta de dúas partes, unha común e outra específica para artistas. A participación do maior nº de artistas e músicas é importante para poder realizar esta análise.
Cubre e difunde!
Cuestionario

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información