imaxe da nova
Nova Galega

Abertas as inscricións para Ler Conta Moito 2024

imaxe do usuario Xestor Xestor
13 decembro 2023

Publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución da Dirección Xeral de Cultura pola que se abre o prazo de inscrición no catálogo "Ler Conta Moito 2024" de actividades de dinamización da lectura en bibliotecas públicas.
Deste xeito, o prazo para solicitar a inclusión de actividades no catálogo estará aberto ata o 31 de xaneiro de 2024.
O acceso atópase na sección “Ler conta moito” da web da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

As persoas físicas e xurídicas interesadas poderán presentar un máximo de 3 propostas de actividades de dinamización. No caso de incluír 3 actividades, como mínimo unha delas terá que estar orientada especificamente a promover a igualdade entre homes e mulleres e/ou a loita contra a violencia de xénero.
As actividades incluídas en anteriores edicións non se conservarán por defecto no catálogo, senón que é preciso dalas de alta de novo. Non obstante, para facilitar a inscrición, poderase recuperar a información e imaxes relativas a elas.

Para resolver as dúbidas ou incidencias que xurdan en relación con este programa, está dispoñible o correo electrónico lercontamoito@xunta.gal e o teléfono 981 95 72 78.

Nesta edición habilitouse un apartado no que se pode detallar a opción "Actúo por conta dun empresario, axente ou representante, e este último é o que vaia emitir a factura pola actuación" para o caso de persoas que deleguen a facturación nunha entidade/persoa diferente ao propio artista.
Resolución DOG / Páxina Oficial

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información